Cursos de saúde acreditados
Os cursos que elaboramos e impartimos son sobre temas actuais, prácticos, novos, sen palla... cursos para estar ao día e sempre coa acreditación da CFC; por tanto, ademais da formación, ofrécenche achegar méritos a oposicións, bolsas de traballo, concursos, etc. Neste aspecto fomos pioneiros, e dos poucos, aínda hoxe, en ofrecer unha ampla oferta de formación continuada acreditada para técnicos en farmacia. Satisfainos poder dicir que moitos dos primeiros postos nas recentes listas de contratación de técnico en farmacia abertas polo "Servizo Galego de Saúde", conseguíronse con axuda da puntuación dos nosos cursos; hoxe moitos dos nosos alumnos están a traballar nunha farmacia hospitalaria.
A Academia Abrente a través de PROCIENSA só ofrece cursos acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde, válidos para todo o territorio español.
Os nosos colaboradores, profesionais da sanidade, principalmente no campo da farmacia, unha vez detectadas unhas necesidades formativas, programan un material docente (temas, probas evaluatorias, etc) cuxa acreditación é solicitada á CFC do SERGAS; a secretaría técnica da CFC remite o material a uns evaluadores independentes que estiman uns créditos en función da calidade do curso (criterio cualitativo, buscamos boa acreditación, non inflar os cursos cunhas horas de duración irreais).
Posteriormente a permanente da CFC, formada por representantes dos decanos de ciencias da saúde, colexios profesionais, etc., concede ou aproba estes créditos se o ve pertinente. |