| |
|
Cursos de informática
A academia Abrente ofrece dende hai máis de 15 anos unha ampla oferta formativa en iniciación á informática, ofimática, deseño e arte dixital, CAD e infografía 3D. Dende o principio tivemos a intención de conxugar un alto nivel de compromiso coa calidade docente, asemade da amplitude de horarios, o ensino discrecional e persoalizado en grupos reducidos, amais de axustadas tarifas e comodidades de pago.
Cursos intensos e intensivos, comezando desde niveis elementais até acadar a excelencia profesional, sen argallar métodos para espallalos en horas de xeito artificioso para engordar a tarifa. Ao final do curso inclúese un diploma acreditativo para o alumno. |
|
|
Autodesk 3D Max ©
Modelado poligonal. Modelado con splines e solevados. Modelado con correctores. Modelado con NURBS. Modelado arquitectónico e interacción con AutoCAD. Textura, mapas e materiais. Luces. Cámaras e renderización. V-Ray.
Curso especialmente dirixido a profesionais do deseño de interiores, arquitectura e do sector de audiovisuais.
Duración aproximada do curso: 100 h.
|
 |
Autodesk AutoCAD ©
2D: Contorna de traballo. Comandos de debuxo e modificación. Capas e propiedades. Textos. Cotas, Bloques. Perspectiva caballera e isométrica. 3D: Espazo 3D e SCP. Comandos de debuxo e modificación 3D .Sólidos. Texturas. Luces. Renderización.
Curso especialmente orientado a profesionais do deseño de interiores, arquitectura e enxeñarías.
Duración aproximada do curso: 2D: 50 h. 3D: 50 h. |
 |
Adobe Photoshop ©
Os modos da cor. Transformación de obxectos. Capas e modos de opacidade. Máscaras e máscaras de capa. Canles de cor, Traxectos de recorte. Retoque fotográfico. Filtros. Accións e automatizacións. Proxectos publicitarios profesionais.
Curso especialmente orientado a profesionais do deseño de gráfico, ilustración, fotografía e do sector de audiovisuais.
Duración aproximada do curso: 30 h. |
 |
Adobe Indesign ©
Diagramado de páxinas. Caixas de textos e obxectos gráficos. Capas. Páxinas mestras. Estilos tipográficos e estilos de obxecto. Índices e táboas de contido. Efectos. Proxectos de publicación profesionais en pregos e impresión profesional.
Curso especialmente orientado a profesionais do deseño gráfico, ilustración, edición editorial, publicidade e xornalismo.
Duración aproximada do curso: 30 h. |
 |
Adobe Dreamweaver ©
Espazo de traballo. Diagramado. Creación sitios web. Estilos CCS. Táboas, marcos. Inclusión de bitmaps e ilustracións. Liña do tempo. HTML. HTML dinámico. Java, Spriters CCS. Formularios. PHP. ASP.
Curso especialmente orientado a profesionais do deseño Web e desarrolladores de contidos interactivos.
Duración aproximada do curso: 30 h.
|
 |
Adobe Flash ©
Espazo de traballo. Escenarios. Ferramentas. Deseño vectorial. Inclusión de bitmaps e ilustracións. Liña do tempo. Símbolos, Instancias e bibliotecas. Animacións. Elementos multimedia. Programación ActionScript.
Curso especialmente orientado a profesionais do deseño Web e desarrolladores de contidos interactivos.
Duración aproximada do curso: 30 h. |
 |
Microsoft Word ©
Formateo.Táboas e columnas. Corrección ortográfica e gramatical. Ilustracións e símbolos. Encabezados e pés de páxina. Numeración e viñetas. Combinar correspondencia. Organigramas. Subdocumentos. Bases de datos. Autoedición documentos extensos.
Curso orientado a estudantes e docentes de calquera disciplina, funcionarios, persoal de oficina e usuarios de informática en xeral.
Duración aproximada do curso: 20 h. |
 |
Microsoft Excel ©
Formateo. Funcións básicas, estatísticas, financeiras, cronolóxicas, de consulta... Bases de datos. Automatismos e ferramentas de programación. Solver. Táboas dinámicas. Basesde datos. Interacción con Word e Access.
Curso orientado a funcionarios, persoal de oficina, contabilidade, xestores e profesións relacionadas co cálculo intenso e complexo.
Duración aproximada do curso: 20 h. |
 |
Microsoft Access ©
Deseño bases de datos. Táboas, formularios e informes. Filtros e expresións de consulta. Relacións. Campos autocalculados. Automatismos e ferramentas de programación. Interacción con Word e Excel.
Curso orientado a funcionarios, persoal de oficina, profesións relacionadas coa xestión documental e investigadores.
Duración aproximada do curso: 20 h. |
 |
Iniciación á informática
Curso pensado para usuarios de computadores que comezan de cero. Componse de: (1) Mecanografía asistida por computador (Gratis. O alumno permanece neste curso todo o tempo que estime necesario.) (2) Procesador de textos Word © + Windows © ( 20 horas) (3) Internet a nivel de usuario (Web 2.0, correo electrónico, redes sociais e chat. Curso gratuíto. 10 horas)
|
|
|
|
|
|